O parque empresarial de Outeiro de
Rei preséntase como unha infraestrutura
útil e eficiente para a diversificación
da actividade en Outeiro de Rei,
a fin de acadar un maior desenvolvemento
tanto económico como social
do concello.
En total, o parque empresarial abarca
dous millóns de metros cadrados, dos
que uns 700.000 están desenvolvidos
na actualidade. Diferentes facilidades
propician que no parque poidan instalarse
empresas de moi diferente índole
e, deste xeito, xerar riqueza e postos de
traballo. Entre estas vantaxes atópase,
por exemplo, a posibilidade de contar
con parcelas de distintos tamaños, que
se amoldan ás necesidades e requerimentos
de cada compañía.
Como subliña o rexedor municipal,
José Pardo, a fi losofía do Concello pasa
por contar con xente que traballe e resida
permanentemente no municipio,
e non soamente durante as fins de
semana. «Pretendemos a creación de
riqueza e desenvolvemento económico
e social e, por ende, de calidade de
vida», salienta. «O polígono industrial
é un dos nosos xeradores de emprego,
aínda que non se poden obviar sectores
como a artesanía e o turismo».
Polígono industrial do municipio.
Segundo afirma Pardo, «desexamos
que os que permanezan aquí se sintan
como na casa, e por iso traballamos en
aspectos como a conciliación da vida
laboral e persoal e en proporcionar
servizos de calidade. Contamos, por
exemplo, cunha ludoteca, así como
cunha gardería aberta hai dous anos,
e cuxa ampliación estamos barallando
», explica.
Non obstante, segundo afirma o
rexedor, «non nos conformamos con
iso, senón que tamén desexamos sumar
á nosa oferta actividades culturais,
deportivas, e para os nenos. Agardamos
que os que veñan poidan facer
unha vida social interesante. E precisamos
buscar recursos para incrementar
esas posibilidades de crecemento.
Evidentemente», indica, «trátase dun
obxectivo moi ambicioso, pero esforzarémonos
en cumprilo».