CONCELLO DE GUNTÍN//

Estase a traballar en distintas infraestruturas viarias do municipio


Posta a punto das comunicacións

Varias das pistas municipais do concello de Guntín están sendo obxecto de obras de rexeneración e acondicionamento, segundo destaca o rexedor municipal, Jesús Carreira.

Os traballos contan cun orzamento de 600.000 euros, contía da que aproximadamente o 85 por cento é aportada pola Xunta, a través da Consellería do Medio Rural, mentres que o quince por cento restante provén das arcas municipais.

Algunhas das actuacións xa están executadas. Trátase, concretamente, das que benefician a San Cibrao, Castelo, Entrambasaugas e Vilameá. A maioría, porén, está sen fi nalizar. Así, estanse executando obras en Mosteiro, Mougán, Samamede, Zolle, Pradeda, Gomelle, Lamela, San Román, Vilamaior, San Vicente, Ourol e Vilarmao. Son traballos que se prevé que estén concluídos nun prazo aproximado de mes e medio.

Obras en Vilarmao, Guntin

Polígono industrial do municipio.

Outro logro importante para o municipio é que conta cun pediatra e cun novo enfermeiro e que, ademais, os pacientes que precisen do sintron poden ter acceso ó mesmo en Lousada.

No plano lúdico, dende o Concello xa se está preparando unha nova edición da Festa do Pemento de Mougán, que terá lugar, como de costume, na carballeira de Meixaboi. Será o último sábado de agosto.



Anuncio Concello de Guntín